PRÓRROGA MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19.

ORDE DO 15 DE FEBREIRO DE 2021

 

Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

• Establecemento retallista: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

• Actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

 

Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

• Os centros, parques comerciais e grandes superficies (de mais de 2500 metros cadrados) deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
• No caso de establecementos ou locais distribuidos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
• A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %

• Establecemento retallista: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de 2021).
• Establecemento de actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
• Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
• Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
• Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.

 

Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

Non federada:
• Ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
Federada:
• Adestramentos e competicións non suxeitas a limitacións de entrada/saída de concellos.

 

Áreas de servizo para profesionais do transporte.

Co obxecto de posibilitar os descansos adecuados en cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso, imprescindibles para poder levar a cabo as operacións de transporte, e facilitarlles aos transportistas profesionais un servizo de cátering, aqueles establecementos situados en centros loxísticos e nas áreas de servizo da Rede de estradas do Estado en Galicia, vías de alta capacidade e Rede primaria básica de estradas de Galicia que dispoñan de cociña, servizos de restauración, ou expendedores de comida preparada, poderán permanecer abertos, incluído en horario nocturno de acordo coa súa regulación específica, para os únicos efectos de dar cumprimento a esta finalidade.

 

Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

• Bibliotecas e arquivos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
• Museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida.

 

Celebración de actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

 

Medidas especiais para determinadas actividades.

Actividades non esenciais que pechan temporalmente:

I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.
I.5. Espectáculos deportivos.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
II.2. Actividades deportivas.
II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos para o público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos

III.1.7. Recintos feirais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas:

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
III.2.2.1. Estadios deportivos.
III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
III.2.2.3. Recintos deportivos.
III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
III.2.2.5. Ximnasios.
III.2.2.6. Piscinas de competición.
III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.5. Establecementos de restauración.
III.2.5.1. Restaurantes.
III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
III.2.5.2. Cafeterías.
III.2.5.3. Bares.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.

 

Restablécese a actividade lectiva presencial a partir das 00.00 horas do día 22 de febreiro de 2021 nos seguintes centros educativos de réxime especial:

• Escolas oficiais de idiomas.
• Escolas de arte e superior de deseño.
• Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
• Escola Superior de Arte Dramática.
• Conservatorios de música.
• Conservatorios de danza.
• Escolas de música.
• Escolas de danza.
• Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
• Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
• Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
• Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.
* As actividades presenciais que impliquen instrumentos e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.

 

Adóptase a medida de peche temporal ao público dos albergues turísticos durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde.

 

A actividade docente nas ensinanzas universitarias restablecerase en modalidade presencial a partir das 00.00 horas do día 1 de marzo.

 

Suspéndese a actividade ao público dos centros sociais, sociocomunitarios, clubs de xubilados e centros de natureza análoga. Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

 

Eficacia
As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021 e estenderán a súa eficacia ata as 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021, sen prexuízo da súa posible prórroga. Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

DECRETO 26/2021, DO 15 DE FEBREIRO

 

 

Entre o día 17 de febreiro de 2021, ás 00.00 horas, e o día 3 de marzo de 2021, ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos no número 2 do punto primeiro deste decreto.

 

Eficacia, seguimento e avaliación
A eficacia das medidas previstas neste decreto rematará ás 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021, sen prexuízo da súa posible prórroga.