REACTIVA COMERCIO (IG524C)
Para optar a esta axuda, debése realizar o formulario na plataforma Comercio seguro: https://www.comerciosegurogalicia.gal/register
Proxectos obxecto de apoio:
1. Os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivar do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.
2. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial, tales como:
• Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
• Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e da distancia de seguridade interpersoal.
• Dispositivos de control de capacidade e de sistemas de contaxe de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
• Dispositivos de control de temperatura.
• Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.
2.2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
• Portas de apertura automática.
• Instalación de puntos de autopagamento.
• Sensores de luz.
• Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.
2.3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade no comercio. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de Actuacións recollidas nesta epígrafe.
2.4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, Ambientes e produtos.
2.5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación recollidas nesta epígrafe.
2.6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.
2.7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 postas en marcha no Establecemento comercial.
2.8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.
Entidades beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas,as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, ainda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Conceptos subvencionables:
Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.
Contía da axuda:
A contía da axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros.
Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación: (Artigo 8 das bases)
Cubrir un formulario electrónico, a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es. tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda, xunto co ANEXO II.
Á solicitude deberá anexarse o informe obtido do autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Xustificación da subvención:
Artigo 16 das bases.