XV FEIRA DE OPORTUNIDADES ACITUI
O Domingo 19 de Setembro, dende as 11:00 ata as 21:00 horas, no paseo da Corredoira en Tui, unha véntena de comercios de Tui e da contorna, ofertaran os seus produtos.
Achegarán variedades de produtos de téxtil, moda infantil, calzado, complementos, deporte, tallas grandes, xoguetes, mercerias, xoias, gafas, segunda man, etc. e estará presente a Protectora de Animais Aloia.
Ademais contaremos ca visita do Pato Donald e Goofy !!!!!
Esta feira celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo , os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.
Gran éxito da XV Feira de Oportunidades ACITUI celebrada este domingo 19, no paseo da Corredoira de Tui.
Estamos sumamente ilusionados pola valoración tan positiva por parte dos comercios participantes, e por poder ver tanta afluencia de xente ao longo de todo o día.
Queremos agradecer a todos os comercios participantes e aos/as veciños/as visitantes que acudiron a esta 15º edición e que sen todos eles non acadaríamos este éxito.
Agradecer tamén ao Concello de Tui e a Policía Local de Tui, pola súa colaboración.
Por último agradecer tamén a XQuatro Espectáculos polo seu magnifico traballo e por facer desfrutar aos máis pequenos… e non tan pequenos…
E sen máis dilatación, deixámosvos un pequeniño resumo do ben que o puidemos pasar onte.
Grazas a todos/as.