COMERCIANTES DO MILLADOIRO E TUI ÚNENSE NA PROMOCIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS

Na firma do convenio estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio, Ana María Núñez.

 

A Asociación de Comerciantes Palmira Bulevar, ubicada no Milladoiro no concello de Ames, e a Asociación de Comerciantes de Tui firmaron un convenio de colaboración para a promoción do Camiño Portugués.

 

O acordo pon en valor o comezo da ruta Portuguesa en terras galegas e a última etapa antes de Compostela. A firma é froito de 3 anos de conversas entre ambas as dúas entidades e inicia un traballo de promoción ao que invitan a unirse ás outras asociacións das distintas vilas polas que discorre o Camiño.

 

Na presentación estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que destacou a importancia de que dúas entidades privadas se impliquen na promoción da ruta “paréceme unha magnifica iniciativa a que levades a cabo Palmira Bulevar e Acitui en torno a algo tan fundamental como é, ademais da parte espiritual, o Camiño na súa vertente económica”.

 

Por parte de Acitui participou o seu presidente Juan Carlos Blanco, e por parte de Palmira Bulevar o presidente, José Manuel Fernández. Ambos os dous dirixentes expresaron a súa satisfacción pola firma de este acordo que servirá para promocionar o Camiño Portugués, pensando xa no Xacobeo 2021.

 

As asociacións buscarán tamén informar aos peregrinos dos distintos servizos que poden atopar en Tui e Milladoiro. Así mesmo puxeron en valor o feito de ser a primeira e a última etapa do Camiño en terras Galegas, xa que o Milladoiro, como reflexa o Códice Calixtino, atópase a unha “legua” de Compostela.

 


PRENSA:

https://www.atlantico.net/articulo/baixo-mino/comercio-tui-vuelca-camino/20201017013805800975.html

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/10/17/comerciantes-tui-milladoiro-unen-promocionar/2355133.html

https://telemarinas.com/los-comerciantes-de-tui-y-milladoiro-se-unen-en-la-promocion-del-camino-portugues/

https://www.porrinodigital.es/index.php/porrino-digital-noticias/categorias/porrino-digital-actualidad/6742-los-comerciantes-de-tui-y-milladoiro-promocionan-el-camino-portugues.html

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-tui-os-comerciantes-de-tui-e-milladoiro-unense-na-promocion-do-camino-portugues

https://www.infominho.com/os-comerciantes-de-tui-e-milladoiro-unense-na-promocion-do-camino-portugues-43665.html#