DETERMINACIÓN DOS TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN.

 

 

Mediante a Orde da Consellería de Sanidade do 27 de xullo de 2020 establécense medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

 

As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles deberán comunicar, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia a través do formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben chamando ao teléfono 881 00 20 21. Así mesmo, tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.

 

Territorios aplicados ao aviso:

Deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

 

a) En calquera dos países do continente africano.

 

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El  Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, St Martin, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.

 

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein,  Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.

 

d) Nos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.

 

e) Nas comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e La Rioja.

 

Actualización:
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.