PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS – TR400A
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecida o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
Para as axudas previstas no artigo 7.1.b), as persoas traballadoras autónomas que ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.
Entenderase como actividade especialmente paralizada:
a) Lecer nocturno (establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes).
b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.
c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:
CNAE 4932. Transporte por taxi.
CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.
CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.
CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.
CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.
CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.
CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.
CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.
CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.
CNAE 9001. Artes escénicas.
CNAE 9002. Actividades auxiliares ás artes escénicas.
CNAE 9004. Xestión de salas de espectáculos.
CNAE 9321. Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.
CNAE 9329. Outras actividades recreativas e de entretemento.
REQUISITOS E OBLIGACIÓNS
– Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a
proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención o que se acreditará coa declaración responsable.
– As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde o 18/11/2020.
AXUDAS
As axudas serán:
a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.
b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.
As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (18 de decembro de 2020).
SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.
COMPROMISO
Manter a actividade económica de alta durante 2 meses desde a publicación da orde de axudas.