REAL DECRETO 926/2020, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA.

Este Real Decreto contempla medidas de diversa natureza.

 

En primeiro lugar, establecese a limitación da libre circulación de persoas en horario nocturno, a fin de evitar o máximo a expansión da infección durante ese período de tempo.

Establecese a posibilidade de limitar a entrada e saída dos territorios das comunidades autónomas e cidades con Estatuto de autonomía, así como de ámbitos territoriais de carácter xeograficamente inferior.

Establecese a posibilidade de limitar a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados.

As limitacións serán eficaces no territorio de cada comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de autonomía cando a autoridade competente delegada respectiva o determine, a cal tamén poderá modular, flexibilizar e suspender a aplicación de medidas.

En cada comunidade autónoma e cidade con Estatuto de autonomía, a autoridade competente delegada será quen ostente a presidencia da comunidade autónoma. Quedan habilitadas para ditar, por delegación de Goberno da Nación, as ordenes, resolucións e disposicións.

 

Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

Entre as 23:00 e as 6:00 horas, só poderán circular para a realización de:

– Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e bens de primeira necesidade.Asistencia  a centros, servicios e establecementos sanitarios.

– Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

– Cumprimentos de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

– Retorno o lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

– Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

– Por causas de forza maior ou situación de necesidade.

– Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acredita.

– Repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizos, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos párrafos anteriores.

A autoridade competente delegada poderá determinar a hora de comezo da limitación sea entre as 22:00  e as 00:00 e as hora de finalización de dita limitación sexa entre as 5:00 e as 7:00 horas.

 

Limitación da entrada e saída nas comunidades autónomas e cidades con Estatuto da autonomía.

Restrínxese a entrada e saída de persoas do territorio de cada comunidade autónoma e de cada cidade con Estatuto de autonomía, adecuadamente xustificados:

– Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

– Cumprimento das obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

– Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

– Retorno o lugar de residencia habitual ou familiar.

– Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

– Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de respotaxe en territorios limítrofes.

– Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

– Renovación de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

– Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

– Por causas de forza maior ou situación de necesidade.

– Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

 

Limitacións de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados.

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto cerrados como o aire libre, condicionada a que non se supere o número máximo de 6 persoas.

A autoridade competente delegada correspondente poderá determinar, no seu ámbito territorial, a vista da evolución dos indicadores sanitarios, que o número ao que se refire o apartado anterior sexa inferior a seis persoas.

As reunións en lugares de transito público e as manifestacións poderán limitarse, condicionarse ou prohibirse cando na previa comunicación presentada polos promotores non quede garantizada a distancia de seguridade.

 

Eficacia das limitacións.

As medidas serán eficaces no territorio de cada comunidade autónoma ou cidade cando a autoridade competente delegada respectiva o determine.

 

Flexibilización e suspensión  das limitacións.

A autoridade competente delegada poderá, a vista da evolución dos indicadores, modular, flexibilizar e suspender a aplicación das medidas.

 

QUERO FORMACION

Ao longo do mes de novembro celebrarase o programa Quero Formación dentro da iniciativa Quero Tui.

 

Quero Formación celebrarase os martes, mércores e xoves entre o 3 e o 24 de novembro,  de 15.30 a 16.30 h a través de videoconferencias en directo.

 

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa por parte dos e das autonómos, pemes e futuros emprededores interesados. Para iso deberán anotarse no teléfono 986 986 60 39 49, no correo electrónico comercio@tui.gal ou por whatsapp no número 619 217 218.

No seguinte enlace tedes información máis detallada:

tp://tui.gal/gl/novas/ao-longo-do-mes-de-novembro-celebrarase-o-programa-quero-formacion-dentro-da-iniciativa-quero-tui?fbclid=IwAR0ksVJ3IblNNNlYh9MaPWjcZkShRpCV-Mn1IZga3cnp8qOlkgm8VLwyYrk

XORNADA RISCOS ASOCIADOS Á SAÚDE ACTIVIDADES FÍSICAS E HÁBITOS POSTURAIS

A Federación Galega de Comercio organiza catro xornadas gratuitas  en modalidade de formación on line (aulas virtuais) os vindeiros días 3,4,10 e 11 de novembro.

 

A temática, relacionada coa sensibilidade no comercio de proximidade en materia de PRL, céntrase nestas xornadas nos “Riscos asociados á saúde: Actividades físicas e hábitos posturais”.
 
As xornadas están dirixidas tanto a comerciantes como traballadores do noso sector, e só é necesario a previa inscripción para a data elexida por cada participante.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS FRONTE O COVID-19 EN GALICIA.

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19 deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible. Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar un cuarto de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara.Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

Deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispo­sitivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

 

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público, as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas.

 

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Velorios e enterros.

1.Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalación, cun límite máximo, de vinte e cinco persoas en espazos ao aire libre ou de dez persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

2.A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, entre familiares e achegados, sexan ou non conviventes, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de des­pedida do defunto.

3.2. Lugares de culto.

1.A asistencia a lugares de culto non poderá superar o 50% da súa ca­pacidade. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible.

2.Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

3.3. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

1.No caso de que estas cerimonias ou celebracións se leven a cabo en lugares de culto, deberán aplicarse as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención na ce­lebración de actos de culto relixioso recollidas especificamente nesta orde. Deberanse evitar, en calquera caso, as aglomeracións á entrada e saída dos lugares de culto.

2.As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hosta­laría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

3.En calquera caso, deberase respectar un máximo de 100 persoas en espazos ao aire libre ou de 50 persoas en espazos pechados.

3.4. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profe­sionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

1.Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profe­sionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non po­derán superar o 50% da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción. Deberá manterse a distancia de seguridade, e o uso de máscara será obrigatorio.

2.Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, e deberá sinalarse de forma visible.

3.5. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1.Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profe­sionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total.

2.Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsi­to entre os establecementos, salvo na actividade de hostalaría e restauración que se leve a cabo nas ditas zonas, a cal se deberá axustar ao previsto especificamente para estas acti­vidades. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

3.Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade e o uso da máscara será obrigatoria.

4.Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, e deberá sinalarse de forma visible.

3.6. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados. Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación. Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello pode­rá dar prioridade a aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade.

3.7. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sem­pre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo per­mitido.

3.8. Establecementos de hostalaría e restauración.

1.Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2.O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agru­pacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

3.As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas.

4.A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

5.Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

6.As medidas contidas nos números 3, 4 e 5 serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno.

3.9. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1.A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá supe­rar o cincuenta por cento da súa capacidade.

2.As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de cinco persoas, sexan ou non conviventes, e incluídos os monitores.

3.10. Albergues turísticos.

Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxi­ma do cincuenta por cento da máxima permitida.

3.11. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equi­pamentos culturais.

1.Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse ac­tividades presenciais sen superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

2.Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata cinco persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía.

3.12. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectácu­los públicos e actividades recreativas.

1.Os cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o cincuen­ta por cento da capacidade permitida en cada sala.

2.No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públi­cos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desen­volver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

3.En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de sesenta persoas para luga­res pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

3.13. Centros de lecer infantil.

Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil e cunha capaci­dade máxima do cincuenta por cento do seu total.

3.14. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de cinco persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata cinco persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físi­co, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

3.15. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deporti­vas con público.

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderá desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da ca­pacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

3.16. Praias e piscinas.

1.O concello respectivo deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capa­cidade das praias.

2.As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán res­pectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa e sen que poidan exceder o límite de cen persoas de ocupación.

3.17. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de cinco persoas, se­xan ou non conviventes.

3.18. Centros de información, casetas e puntos de información.

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máxi­mo de cinco persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía.

3.19. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1.Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xu­venil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de parti­cipantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cen participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pe­chados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores.

2.As actividades deberán realizarse en grupos de ata cinco persoas participantes, se­xan ou non conviventes e incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

3.20. Uso de espazos públicos.

1.Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de cinco per­soas, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.

2.Recoméndase o peche dos parques públicos e espazos similares a partir das 00.00 horas ata as 6.00 horas.

3.21. Centros recreativos turísticos ou similares.

1.Os centros recreativos turísticos ou similares poderán realizar a súa actividade sem­pre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento.

2.As visitas de grupos serán dun máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía.

3.22. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Sen prexuízo do establecido no número 3.20.2, os parques infantís, parques biosau­dables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de super­ficie do recinto.

3.23. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, , sem­pre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebra­ción e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

3.24. Establecementos e locais de xogo e apostas.

1.Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme esta­bleza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

2.En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxi­ma será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3.Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos.

3.25. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1.Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máxi­mo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

2.As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de cinco persoas parti­cipantes, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores, guías ou encargados

3.En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.


 

COMERCIANTES DO MILLADOIRO E TUI ÚNENSE NA PROMOCIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS

Na firma do convenio estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Comercio, Ana María Núñez.

 

A Asociación de Comerciantes Palmira Bulevar, ubicada no Milladoiro no concello de Ames, e a Asociación de Comerciantes de Tui firmaron un convenio de colaboración para a promoción do Camiño Portugués.

 

O acordo pon en valor o comezo da ruta Portuguesa en terras galegas e a última etapa antes de Compostela. A firma é froito de 3 anos de conversas entre ambas as dúas entidades e inicia un traballo de promoción ao que invitan a unirse ás outras asociacións das distintas vilas polas que discorre o Camiño.

 

Na presentación estivo presente o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que destacou a importancia de que dúas entidades privadas se impliquen na promoción da ruta «paréceme unha magnifica iniciativa a que levades a cabo Palmira Bulevar e Acitui en torno a algo tan fundamental como é, ademais da parte espiritual, o Camiño na súa vertente económica».

 

Por parte de Acitui participou o seu presidente Juan Carlos Blanco, e por parte de Palmira Bulevar o presidente, José Manuel Fernández. Ambos os dous dirixentes expresaron a súa satisfacción pola firma de este acordo que servirá para promocionar o Camiño Portugués, pensando xa no Xacobeo 2021.

 

As asociacións buscarán tamén informar aos peregrinos dos distintos servizos que poden atopar en Tui e Milladoiro. Así mesmo puxeron en valor o feito de ser a primeira e a última etapa do Camiño en terras Galegas, xa que o Milladoiro, como reflexa o Códice Calixtino, atópase a unha «legua» de Compostela.

 


PRENSA:

https://www.atlantico.net/articulo/baixo-mino/comercio-tui-vuelca-camino/20201017013805800975.html

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/10/17/comerciantes-tui-milladoiro-unen-promocionar/2355133.html

https://telemarinas.com/los-comerciantes-de-tui-y-milladoiro-se-unen-en-la-promocion-del-camino-portugues/

https://www.porrinodigital.es/index.php/porrino-digital-noticias/categorias/porrino-digital-actualidad/6742-los-comerciantes-de-tui-y-milladoiro-promocionan-el-camino-portugues.html

https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-tui-os-comerciantes-de-tui-e-milladoiro-unense-na-promocion-do-camino-portugues

https://www.infominho.com/os-comerciantes-de-tui-e-milladoiro-unense-na-promocion-do-camino-portugues-43665.html#

DOMINGOS E FESTIVOS DE APERTURA 2021

A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (DOG do 28 de decembro), modificada pola Lei 1/2013, do 13 de febreiro (DOG do 14 de febreiro), determina no artigo 5 que os domingos e días festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano.

 

O artigo 6 do mesmo texto legal sinala que os domingos e festivos de apertura serán determinados para cada período anual mediante orde da consellería que posúa as competencias en materia de comercio que se publicará no Diario Oficial de Galicia antes do 15 de outubro do ano anterior ao da súa aplicación.

 

Procédese á fixación dos 10 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2021.

FESTAS LABORAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA 2021

Facendo uso das facultades de opción e substitución, óptase polo 25 de xullo, festa de Santiago Apóstolo, como Día Nacional de Galicia, e por coincidir en domingo substitúese polo 19 de marzo, Día de San Xosé. O día 15 de agosto, Asunción da Virxe tamén coincide en domingo polo que se substitúe polo día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 

De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 serán as seguintes:

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.

 

Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Emprego e Igualdade. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.

 

Os festivos locais serán o Martes de entroido e o Luns de San Telmo.

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad