MODIFICACIÓNS EN MEDIDAS DE PREVENCIÓN.

DENDE O 27 DE XUÑO

 

MÁSCARA

  • Agora obrigatoria tamén en espazos abertos (se non se garantiza unha distancia interpersoal de 1,5 metros en todo momento) e en espazos públicos pechados de uso público.
  • Prohibido o uso de máscaras con válvula exhalatoria (agás usos profesionais sinalados).
  • PERSOAS CON SINTOMATOLOXÍA, CASOS DE CONTACTO OU SOSPEITOSOS deben comunicalo ás autoridades sanitarias e restar na casa sen poder abandonala en ningún caso salvo autorización e evitar o contacto co resto dos convivintes.
  • PROHIBIDO O USO DE PIPAS E DISPOSITIVOS DE INHALACIÓN DE TABACO COMPARTIDOS.
  • VEHÍCULOS ATA 9 PRAZAS tantas persoas como prazas teña ocupando en último lugar a fila do condutor.

 

A PARTIR DO 1 DE XULLO

 

COROS E AGRUPACIÓNS VOCAIS (actuacións e ensaios)

  • Distancia mínima interpersoal de 3 metros.
  • Uso da máscara obrigatorio.

 

ORQUESTRAS, BANDAS E OUTRAS AGRUPACIÓNS MUSICAIS

  • Distancia mínima de seguridade ou restar membros da banda.
  • Máscara obrigatoria agás para os vocalistas ou músicos de instrumentos de vento no intre da intervención.

 

ACTOS DE CULTO, ROMARÍAS, DESFILES, MÚSICA E BAILE EN ESPAZOS ABERTOS

  • Medidas ditadas polo concello.
  • Espazo e itinerario delimitado.
  • Máximo 1000 persoas.
  • Uso obrigatorio da máscara.

 

ALBERGUES

  • Ao 75% da súa capacidade.

 

CARREIRAS, RALLIES… EVENTOS DEPORTIVOS EN ESPAZOS ABERTOS CON PÚBLICO

  • Autorización do concello ou autoridade autonómica (se é en varios termos municipais).
  • Público máximo 1000 asistentes.
  • Uso da máscara obrigatorio no público.

 

CAMPAMENTOS E ACTIVIDAES INFANTO-XUVENÍS

  • Ao aire libre: 75% do aforo máximo 250 persoas.
  • Espazos pechados 75% do aforo máximo 150 persoas.

 

PRAIAS

  • Espazo por persoa: 3 metros cadrados.
  • Garantir a distancia de seguridade con limitacións na capacidade, no tempo de permanencia, nos aparcadoiros, accesos e saídas.

 

PARQUES INFANTÍS, ZONAS DEPORTIVAS E OUTROS ESPAZOS ABERTOS …

  • Capacidade máxima 1 persoa / 3 metros cadrados.

 

DISCOTECAS, PUBS… ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

  • 2/3 da súa capacidade.
  • Consumo en barra/mesa/agrupacións de mesas gardando distancia de seguridade.
  • Terrazas destes establecementos 75% da capacidade.
  • Máximo 20 persoas/mesa.
  • Rexistro dos datos de contacto de clientes (mater durante 28 días).

 

FESTAS, VERBENAS E EVENTOS POPULARES

  • 1 persoa/ 3 metros cadrados.
  • Ata 1.000 persoas en espazos <8.000 metros cadrados.
  • Ata 2.000 persoas en espazos > 8.000 metros cadrados.
  • Acoutar o espazo con establecemento de puntos de entrada e saída e controis de capacidade.
  • Escenario cercado a 4 metros do público. En ningún caso se permitirá o acceso de persoas do público ao escenario.
  • Medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior e no exterior do recinto.
  • Máscara obrigatoria con recordatorios con carteis, megafonía…
  • Dispensadores de solución/xel hidroalcohólico.

 

ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • 1 persoa/3 metros cadrados (sen contar a superficie ocupada polas atraccións).
  • Máximo 700 persoas para os espazos < 8.000 metros cadrados.
  • Máximo 2.000 persoas en espazos > 8.000 metros cadrados.
  • Acoutar o espazo destinado ás atraccións,con puntos diferenciados para entrada e saída e controis da capacidade.
  • Medidas para manter a distancia de seguridade, no interior e no exterior e poderán a acoutarse ou sectorizar zonas.
  • Máscara obrigatoria e mensaxes recordatorios.
  • Atraccións máximo 50% da capacidade (en asientos garantindo sempre distancia mínima interpersoal (agás convivintes).
  • Dispensadores na entrada, saída e interior do recinto.

 

CONSERVATORIOS, ESCOLAS DE MÚSICA E DANZA

  • Máscara durante toda a clase e evitarase contacto físico.
  • Alumnos e profesores de instrumentos de vento quitarán a máscara só no momento do uso do instrumento.
  • Recomendarase o uso de pantallas ou anteparos.
  • Instrumentos compartidos desinfectaránse tras o seu uso por cada alumno.
  • Limpar e desinfectar con maior periodicidade os chans.

 

Poderán superarse os límites de capacidade e asistencia , logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades acompañada dun plan de prevención de contaxios.

 

Toda a informacion: 

REACTIVA COMERCIO (IG524C)

Para optar a esta axuda, debése realizar o formulario na plataforma Comercio seguro: https://www.comerciosegurogalicia.gal/register

 

Proxectos obxecto de apoio:

1. Os proxectos obxecto de apoio e as actuacións consecuentes deben derivar do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que deberá achegarse xunto coa solicitude de axuda.

2. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha ou varias das seguintes actuacións:
2.1. Medidas de protección dos empregados e clientes no establecemento comercial, tales como:
• Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
• Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e da distancia de seguridade interpersoal.

• Dispositivos de control de capacidade e de sistemas de contaxe de clientes ou outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
• Dispositivos de control de temperatura.
• Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita incrementar a protección dos empregados e clientes.

2.2. A adaptación do establecemento comercial para reducir o contacto do cliente con elementos e superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
• Portas de apertura automática.
• Instalación de puntos de autopagamento.
• Sensores de luz.
• Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.

2.3. A adquisición de medios de protección e hixiene para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal do establecemento comercial, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e calquera outro para a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade no comercio. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de Actuacións recollidas nesta epígrafe.

2.4. A instalación de equipamentos de desinfección de superficies, Ambientes e produtos.
2.5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a esta epígrafe non poderá exceder o 20 % do total de actuacións subvencionables, para un período máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto poderá constar unicamente de actuación recollidas nesta epígrafe.

2.6. A adquisición de equipamentos ou realización de obras que permitan a ventilación e renovación do aire do establecemento comercial.

2.7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas de prevención ante o COVID-19 postas en marcha no  Establecemento comercial.
2.8. De xeito excepcional, outros que poidan contribuír a protexer a saúde dos comerciantes, empregados e clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.

 

Entidades beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas,as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, ainda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

 

Conceptos subvencionables:

Serán subvencionables os gastos e investimentos, realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.

 

Contía da axuda:

A contía da axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por solicitante de 1.200 euros.

 

Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación: (Artigo 8 das bases)

Cubrir un formulario electrónico, a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es. tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda, xunto co ANEXO II.

 

Á solicitude deberá anexarse o informe obtido do autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Xustificación da subvención:

Artigo 16 das bases.

 

PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN (IG300E).

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

 

Proxectos obxecto de apoio:

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a Implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
• Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.

• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
• Sistemas de balizas.

• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
• Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
• Solucións de mellora da ciberseguridade.
• De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

 

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.


Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de Dixitalización COVID-19 unha única vez.

 

Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

 

a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa), que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:

i. Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas
e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).
ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).
iii. Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).
iv. Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e limpeza de pezas téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603 (pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.n.).

v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica y profesional) e 855 (outra educación).

 

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

 

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.

 

Gasto subvencionable:

a) Activos dos seguintes tipos:
– Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.

– Licenzas de software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto, verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible na internet onde, como mínimo, se expliquen as características do software e as condicións en que se comercializa.
– Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural en que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso ás redes.

 

b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado como no punto anterior) aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable.
No caso de que o sistema de adquisición supere nun ano a fin do prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.

 


c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.

 


A suma do gasto subvencionable nas alíneas a) e b) non superará os 10.000 €. O máximo de gasto subvencionable na alínea c) será de 4.000 €.

Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.

 

Prazo de execución:

Serán subvencionables os gastos realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.

 

Contía da axuda:

A contía da axuda será do 80%, co límite máximo de 9.600 € por empresa.

 

Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación: (Artigo 8 das bases)

Cubrir un formulario electrónico, a través da aplicación establecida no enderezo de Internet http://www.tramita.igape.es. tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda, xunto co ANEXO I.

A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Memoria descritiva do proxecto, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude, e deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:
– Descrición da situación actual e o problema de adaptación para o que se require o proxecto.
– Especificación da solución que se adoptará e previsión de resultados.
– Plan de traballo.

 

Xustificación da subvención:

Artigo 16 das bases.

NOVA NORMALIDADE

Dende este luns 15 de xuño dáse comezo á NOVA NORMALIDADE para toda a comunidade de Galicia no plan de desescalada fronte ao COVID-19 deseñado polo Goberno. As novidades a ter en conta son:

  • Redución da distancia mínima de seguridade interpersoal de 2 metros a 1,5 metros.
  • Relativo ao comercio: ampliación do afoto ao 75%. Procurarase a atención con servizo preferente aos maiores de 65 anos.
  • Relativo á hostelería: aumento do aforo ao 75 % no interior do local e ao 80% nas terrazas. O número máximo de persoas que pode haber por mesa é de 25, sempre que se respecten as distancias mínimas de seguridade co resto das mesas (1,5 m).
  • Relativo aos aloxamentos turísticos e hoteis: ampliación do aforo das zonas comúns ao 75%.
  • Relativo aos bares de lecernocturno e discotecas: uso exclusivamente das terrazas ao aire libre para consumo sentado en mesa, cun aforo do 75%.

 

Podedes acceder ao DOG Núm.115 do 13 de xuño sobre as medidas e restricións da nova normalidade: DOG Nº 115


Podedes acceder ao Real Decreto-Lei 21/2020 do 9 de xuño sobre as medidas urxentes de prevención, contención e coordinación: BOE Nº 163

BASES «AXUDA REACTIVA TUI»

CONCORRENCIA

     A subvención é en réxime de concorrencia non competitiva, e dicir, terase en conta a orde temporal de entrada da solicitude ata terminar o crédito orzamentario destinado a esta finalidade.


REQUISITOS

     Poderán solicitar a subvención previstas nas presentes Bases aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que se trate dunha actividade empresarial, excepto aquelas actividades incluídas no epígrafe CNAE 9200.
  2. Que a actividade sexa desenvolvida por unha persoa física (traballador autónomo), unha micro empresa ou pequena empresa.
  3. Que teña o seu domicilio fiscal no termo municipal de Tui.
  4. Que a actividade empresarial exérzase nun local comercial ou negocio, específico e aberto ao público, situado no termo municipal de Tui.
  5. Que se producise o peche total do establecemento ou que, ao ser cualificada como non esencial, producísese o cesamento total e absoluto da actividade.
  6. Que o suxeito solicitante estea exento do Imposto de Actividades Económicas no exercicio fiscal de 2020.
  7. Que estea dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e na Axencia Estatal de Administración Tributaria no momento da presentación da solicitude.
  8. Que estea ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias coa AEAT, TGSS, ATRIGA e o Concello de Tui.

GASTOS SUBVENCIONABLES (Máis info. páx. 5 e 6 das bases):

    1. Liña 1: Gastos de aluguer de local comercial realizados dende o inicio do estado de alarma até un máximo de catro meses.
    2. Liña 2: Transición cara ao comercio on line ou optimización do existente e abrangue a consultoría e formación para a dixitalización do negocio, o desenvolvemento ou mellora da web ou introdución de pasarelas de compras, márketing e promoción dixital, subscricións a portais de venda on line, publicidade de venda on line, ou subscrición a internet.
    3. Liña 3: Gastos derivados do cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio pola COVID19 coma compra de máscaras, produtos coma xel hidroalcohólico, luvas, limpezas especiais… 
    4. Liña 4:  Investimentos para o acondicionamento dos locais comerciais para lograr espazos máis seguros. Aquí inclúense o acondicionamento ou reforma de seguridade do local ou terraza, incluída a compra de mobiliario, griferías e maquinaria.

Só son subvencionable os gastos dende o Estado de Alarma.


CRITERIOS E CUANTIA DA SUBVENCIÓN

     Establécese un límite máximo de subvención do 100% do total de gasto subvencionable ata un máximo de 1.000€ para todas as liñas.

     Poderase pedir para todas as liñas ou só para algunha delas pero sen superar os 1.000€ totais.


PRESENTACIÓN

As solicitudes para participar no presente procedemento haberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles, a contar desde o día hábil seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do extracto da convocatoria remitido pola Base de Datos Nacional de Subvencións.

Presentarase o Anexo I e Anexo II, a través da sede electrónica de acceso ao Rexistro Electrónico do Concello de Tui.


 

LISTAXE DE PERSOAS SELECCIONADAS (Mais info.páx. 9 a 11 das bases):

Unha vez analizadas as solicitudes, publicarase una listaxe de admitidos no portal de Internet do Concello de Tui.

No prazo de quince días hábiles, as empresas/autónomos beneficiarios incluídos na listaxe de solicitudes concedidas, deberán presentar o modelo do anexo III acompañados dos documentos, en formato orixinal ou copia compulsada:

  • Persoas físicas: toda a documentación solicitada dende a páxina 9 a 10 das bases.
  • En caso de persoas xurídicas, sociedades civís, comunidades de bens ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica: toda a documentación solicitada dende a páxina 10 ata a 11 das bases.

XUSTIFICACIÓN

Data límite para xustificación 15 de Decembro.

Deberá presentarse o Anexo IV e a seguinte documentación:

 – Unha memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, cuxa estensión non exceda dunha folla.

 – Facturas orixinais ou copias compulsadas e xustificantes de pago bancario que acrediten a realización dos gastos subvencionables das liñas 2, 3  e 4.

 – Comunicación de subvencións concedidas coa mesma finalidade con detalle de ente concedente e importe.

No caso de incluir as facturas e xustificantes de pago coa presentación do anexo III, esta fase só implicará a presentación do propio anexo IV, a memoria e a comunicación das subvencións concedidas.


 

Documentación relacionada:

GALICIA, DESTINO SEGURO.

No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro.


 

Inclúese unha batería de accións para mellorar a información a través dunha serie de manuais por sectores que recompilan os requisitos hixiénico-sanitarios obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade e recomendacións adaptadas ás especificidades do noso territorio.

 

Manuais:

 

Carteis:


 

Tamén se conta cun Plan de formación específico, con 500 accións formativas previstas que se coordinarán en colaboración co sector, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) así como das asociacións provinciais e organismos sectoriais. Esta formación é gratuíta de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo de Galicia estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.


 

As accións da Xunta inclúen asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico.


 

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:

  • O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas
  • O enderezo electrónico: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

 

https://www.turismo.gal/galiciadestinoseguro?langId=gl_ES

CURSO ON LINE DE “PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS COVID19”

O Concello de Tui, a través da concellería de Formación, oferta un curso on line de  “Prevención de riscos laborais COVID19”.

 

A inscrición pode realizarse no enderezo electrónico infocovid@tui.gal, enviando o nome e apelidos, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Ofértanse 25 prazas gratuítas que se cubrirán por orde de inscrición.

 

O curso terá unha duración de tres horas nas que se abordará o coronavirus e a enfermidade COVID-19, como actuar, as medidas de hixiene e illamento, as medidas preventivas e as recomendacións do Ministerio de Sanidade, entre outros contidos.

 

 

http://tui.gal/gl/novas/curso-line-de-prevencion-de-riscos-laborais-covid19?fbclid=IwAR0QcnJcjjbCxf0tWGPUpO_8q7IY9DJ05DGIvQg-s3NY53LyM20F2A1ZdhE

BOLETÍN INFORMATIVO

O Presidente da asociación, trasladou as inquietudes do comercio de Tui o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Mostramos a carta enviada e a resposta a mesma.


 

Bo día,

Achégase unha carta do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde López, dirixida ao Presidente da Asociación de Comerciantes de Tui, D. Juan Carlos Blanco.

Un saúdo,

 

Secretaría do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

Edificio Admvo. San Caetano s/nº

15781-Santiago de Compostela

A XUNTA HABILITA UN TELÉFONO GRATUÍTO PARA RESOLVER DÚBIDAS DO SECTOR TURÍSTICO SOBRE SEGURIDADE SANITARIA.

As empresas e profesionais que o necesiten poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 horas ou enviar un correo electrónico a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal

 

A Xunta habilitará desde mañá luns un teléfono gratuíto para resolver as dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria. Así, as empresas e profesionais que o necesiten poderán chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10,00 a 14,00 h e de 16,00 a 20,00 h ou enviar un correo electrónico ao enderezo info-galiciadestinoseguro@xunta.gal.

Este teléfono gratuíto permitirá dar unha resposta áxil e precisa ás cuestións formuladas polas empresas e traballadores do sector en materia hixiénico-sanitaria. O servizo porase en marcha o mesmo día en que os locais de hostalaría e restauración poderán incrementar o seu aforo ata o 50%, unha decisión que foi abordada na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) celebrada onte despois de que o Goberno central habilitase ás Comunidades na fase 2 da desescalada a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, fixado inicialmente no 40%, ben reducíndoo ao 30% ou ben incrementándoo ata o 50%. Xunta e sector acordaron que se dan as circunstancias para este aumento.

O servizo enmárcase no programa Galicia destino seguro para a mellora da formación, asesoramento e apoio económico ás empresas desta industria co obxectivo de favorecer a súa adaptación á nova realidade e impulsar Galicia como un destino fiable e de calidade. Precisamente, o último Consello da Xunta aprobou unha batería de axudas por case 6 M€ para que pemes e autónomos do eido turístico poidan instalar medidas de protección e adecuarse á situación actual.

Ademais, para mellorar a competencia das empresas en materia de seguridade sanitaria, botou a andar xa un plan de formación impartido polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás particularidades de cada subsector e área xeográfica. Trátase dun conxunto de medidas froito da colaboración e o diálogo entre administración e sector no marco do chamado Pacto por un destino seguro.

Estas iniciativas forman parte do Plan de reactivación do sector turístico, que conta cunha dotación global de 27 millóns de euros e preto de medio cento de medidas para minimizar o impacto da crise sanitaria e favorecer a súa reactivación.


 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49320/xunta-habilita-desde-mana-telefono-gratuito-para-resolver-dubidas-sector-turistico#

Facebook
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad